Un kilt de tipo cargo ou utilitario de estilo clásico para homes. É como o tradicional mais práctico, un pode vestirse non só para un evento formal, senón que tamén vai perfecto coma roupa de traballo diaria, casual ou de frecuente uso exterior. Este kilt ten amplos petos de carga que facilitan o transporte de ferramentas ou instrumentos de traballo que outras prendas non permiten, mais en calquera caso dabondo pra levar móbil, chaves, carteira etc. As correas de coiro axustabeis con peche de tachola axudan a axustar o kilt no ventre, exercendo un cómodo efecto de faixa. Este kilt está feito de tecido de algodón de alta calidade preparado para un uso frecuente.
Tecidos 100% algodón
Correa de coiro axustable con peche con botón de presión para permitirche axustar o kilt ata 1 polgada para arriba ou para abaixo do seu talle.
Dianteira clásica con parte traseira plisada como as faldas tradicionais.
2 petos grandes de carga, ambos con dobre peche a presión.
Presillas na cintura para faldriqueira e cinto.
Lonxitude de caída estándar de 24"/60 cm, dende o embigo ata a metade do xeonllo. Fóra desta medida, consultar para encomendas con medidas personalizadas.